27 jul 2013

postheadericon Denuncia e petición de responsabilidades pola falta de asistencia do hospital de Conxo aos feridos/as do accidente de tren

Ante as noticias de que O hospital de Conxo, malia ser é o hospital máis próximo ao lugar do accidente do tren e estar equipado cos recursos adecuados, mantivese as súas unidades e quirófanos pechados, a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública quere manifestar que:
  1. Consideramos inaceptable que, habendo persoal sanitario cualificado convocado no centro esperando para recibir e atender ás vítimas, o Hospital non abrise as unidades pechadas. 
  2. Resulta paradóxico que se derivasen doentes a centros privados como La Rosaleda en Santiago ou ao Hospital Dominguez de Pontevedra.
  3. Rexeitamos que as autoridades políticas e sanitarias digan que se empregaron todos os recursos públicos dispoñibles, mentres o Hospital de Conxo non recibiu ningún ferido..
Isto mostra unha vez máis os resultados da política de pechar camas, unidades e quirófanos nos centros públicos e de apio ao sector privado, que se mantén incluso nunha situación tan dramática.
Exiximos a Consellería de Sanidade que informe coa máxima claridade do dispositivo e os criterios seguidos para a atención e derivación dos feridos tratables e/ou trasladables aos centros sanitarios e animamos aos grupos parlamentarios a que soliciten ao goberno información sobre ás consecuencias da política dos recortes públicos neste terrible accidente.
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger