31 ago 2013

postheadericon A Xunta inhíbise na folga de POVISA sen importarlle as consecuencias para os usuarios e usuarias

Ante as graves denuncias de pacientes afectados pola folga indefinida convocada o pasado 19 de agosto polo Comité de Empresa do hospital POVISA de Vigo, a Asociación Galega para Defensa da Sanidade Pública quere comunicar que:
  1. A folga ten unha motivación moi clara  no recorte  salarial do 40% e nos cambios nas condicións de laborais do persoal do centro, malia que non se produciu ningunha rebaixa económica no Concerto Singular que este percibe do SERGAS.
  2. Consideramos inaceptable que o SERGAS se inhiba deste problema alegando que POVISA é un  centro “concertado, pero privado”. POVISA é un centro ao que se asignou a asistencia de 140.000 habitantes do área, e polo que a responsabilidade última desta situación é da Conselleria de Sanidade e da Xunta de Galicia.
  3. Tampouco é de recibo que os pacientes paguen coa súa saúde os problemas de natureza política e empresarial dun Concerto Singular, que é o máis elevado de todo o Estado (75 millóns de euros anuais).
  4. A folga indefinida convocada por un persoal ao que se lle pretende rebaixar brutalmente a súa condicións laborais (para que a empresa obteña maiores beneficios) repercute nunha poboación que recibe menores prestacións sanitarias que a atendida polos hospitais públicos e soporta unha lista de espera de 171 días que duplica a do resto de Galicia que ten 68.
  5. É evidente que a administración non só non ten ningunha vontade de resolver este problema , denunciado reiteradamente pola Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública e a cidadanía afectada, senón que pretende perpetuala reducindo as camas, o equipamento e a superficie do Novo Hospital Privado de Vigo para asi manter o Concerto Singular con POVISA (e abaratar os custos da obra á empresa concesionaria privada que os está construíndo).
  6. Esiximos á Consellería de Sanidade que interveña urxentemente para poñer fin a un conflito desencadeado por unha política de recorte brutal das condicións laborais da empresa (que están pagando os cidadáns adscritos o centro) e poña en marcha os acordos alcanzados fai catro anos por todas as partes para a unificación hospitalaria do todo a área sanitaria sen danar os lexítimos intereses dos traballadores de POVISA.


Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública



0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger