26 ago 2013

postheadericon Discriminación sanitaria aos pensionistas galegos

Recentemente publicouse polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social unha información sobre o importe medio que perciben os pensionistas nas diferentes Comunidades Autónomas. Desde a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública queremos alertar de que, de acordo co esta información,  en Galicia a pensión media é de 721,78 euros ao mes, un 16% inferior a pensión media do Estado que está en 858,1 euros mensuais. Pero ademais Galicia ocupa o último posto das 17 comunidades autónomas, moi lonxe do Pais Vasco, Madrid e Asturias cuxos pensionistas perciben unha pensión un 30% superior.
Ademais desta desigualdade económica na contía das pensións, a introdución do copago polos medicamentos que antes eran gratuítos e que consumen na súa gran maioría por motivos de idade supuxo unha nova discriminación e unha importante redución no seu escaso nivel de renda (os pensionistas na súa gran maioría padecen enfermidades crónicas polo que consumen un 30% máis medicamentos que o restos da poboación).
Recentes estudos demostran que os pensionistas pagan unha media de 11,18 euros ao mes por medicamentos. Como o 61,4% dos mesmos teñen parella que non percibe outra pensión, o pago mensual por medicamentos das unidades familiares de pensionistas ascende a 22,36 euros ao mes, o que supón unha redución do 3% na súa renda.
Si a estes copagos engadimos o pago polos medicamentos aos que o Goberno retirou todo o financiamento e que consumen sobre todo os enfermos crónicos (para a tose, o estrinximento, as diarreas, as dores de pernas, etc)., próteses e cadeiras de rodas, traslados en ambulancias para recibir rehabilitación ou tratamentos nos hospitais, ou medicamentos especiais, a redución da renda polo copago dos pensionistas galegos pode supoñer entre un 3 e un 5% da mesma, algo tremendamente inxusto e que incrementa a situación de penuria económica deste colectivo.
Desde AGDSP volvemos a esixir a retirada dons copagos na sanidade e unha revisión ao alza das pensións.
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública
Pensión media en euros/mes CCAA

Fuente: Ministerio de Empleo y Seguridad Social - Agosto 2013

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger