11 nov 2015

postheadericon A defensa da sanidade pública reclama unidade

Perante as novas publicadas nos medios de comunicación, onde o PP acusa ao goberno municipal de

ocultar unha invitación da Consellería de Sanidade para realizar unha visita guiada ao novo hospital Álvaro Cunqueiro, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas quere facer públicas as seguintes puntualizacións:

As plataformas do Morrazo tiñamos solicitado ao xerente do EOXI unha visita guiada ao novo hospital moito antes da súa posta en marcha. Esta visita nunca se chegou a producir por falta de resposta da xerencia. Esperamos que tanto o goberno municipal como os grupos da oposición, que sí van a realizala, recordenlle á xerencia do Álvaro Cunqueiro a petición que temos pendente.


Non imos a entrar a valorar as discrepancias nas datas de visita dos grupos municipais, soamente pedimos que fagan unha valoración real da situación na que se atopa o hospital e os problemas aos que se enfrontan día a día traballadores e usuarios.

En referencia aos medios humanos e materiais habilitados no Concello de Cangas o ano pasado para informar á veciñanza de Cangas sobre o cambio do hospital privado Povisa S.A á sanidade pública, recordar que foi debido á presión exercida, ao goberno municipal, pola Plataforma ante a falta de información e transparencia do último concerto firmado entre o SERGAS e Povisa S.A.

Durante todo este mes de novembro, a veciñanza do Morrazo volvemos a ter a oportunidade de seguir apostando pola sanidade pública podendo solicitar o cambio de Povisa S.A á sanidade pública. Esiximos ao actual goberno municipal que poña en marcha a xanela informativa como a tivemos o ano pasado. Neste proceso, dende Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas botamos en falta a disponibilidade dun local propio de información á veciñanza tal como solicitamos ao concello no pasado mes de setembro.

Por último, pedimos, tanto ao goberno local como aos partidos da oposición, que fagan un chamamento público á veciñanza de Cangas a dar o paso á sanidade pública e que nun futuro próximo poidamos confluir cunha forza social hacia a única solución real e xusta para o Morrazo que é a construcción do Centro de Alta Resolución (CAR), do que unha vez máis a Xunta volveu deixar de lado nos presupostos do ano 2016.


0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger