28 feb 2016

postheadericon O transporte ao Hospital Álvaro Cunqueiro non avanza

Fonte: FdeV
A través da prensa local, nos sobresaltaba un titular que inicialmente chamaba á esperanza ao coñecer
que os Concellos de Cangas e Moaña se reunían en Santiago co subdirector xeral de Ordenación do Transporte para analizar a comunicación co Hospital Álvaro Cunqueiro. Estas esperanzas se esfumaban ao tempo que desgranábamos polo miúdo o contido de dita reunión.

Xa en setembro de 2015, reunidos tanto o Alcalde e Alcaldesa de Cangas e Moaña, respectivemente, os edís de Mobilidade, así como as Plataformas de Sanidade de ámbolos dous concellos, representantes de persoal sanitario que reside na comarca e o xerente de Monbus, acordamos que, a través das institucións locáis, se presentarían alegacións á Xunta de Galicia para mellorar a insuficiente proposta inicial.

Comprobamos que estes cinco meses de espera foron tempo perdido e que os comunicados das institucións locáis, coas mencionadas alegacións, ainda deben estar nalgunha “bandexa de entrada”, sen revisar. Temos a sensación, polo que lemos, de que nesta reunión se parte de cero, de que o Subdirector Xeral descoñecía ata onte o contido de ditas alegacións e por tanto as reivindicacións de ambos Concellos, incluso antes da posta en marcha do Novo Hospital de Vigo; insistimos, xa en xaneiro de 2015, as Plataformas de Cangas e Moaña elaborábamos un escrito onde alertábamos á Directora de Mobilidade do caos que ía supoñer o traslado de Hospital sen facer unha valoración previa das necesidades en materia de mobilidade da comarca, para o que nos poñíamos a súa inteira disposición.

Ademáis de estos cinco longos meses en “stand-by”, cabe salientar que para a Plataforma a reunión mantida onte non é ningún avance neste “conflicto” que se dilata no tempo, ao non adquirir ningún compromiso concreto máis aló dun estudo, basándoo sobre todo na rentabilidade.
Ainda que pareza obvio, cabe recordarlle ao Sr. Subdirector que o transporte público non é un negocio e por tanto non pode primar a rentabilidade en detrimento dos intereses dos cidadáns, uns intereses que son imprescindibles ter en conta sobre todo cando este servizo PÚBLICO de transporte está orientado cubrir unha necesidade como é o desprazamento a un hospital.

Non podemos permitir que os habitantes da comarca do Morrazo volvan ser tratados como cidadáns de segunda ao non poñer a nosa disposición un servizo público de transporte o máis equiparable posible ao resto da poboación coa que compartimos Área Sanitaria, polo que non moveremos un ápice a nosa proposta inicial, na que principalmente reclamamos unha liña regular e directa co Hospital Álvaro Cunqueiro que hoxe, dadas as deficiencias, parece estar a anos luz da nosa comarca.


En Cangas, a 25 de febreiro de 2016

Dossier de prensa:

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger