12 abr 2016

postheadericon [NOTA INFORMATIVA] Reunión co Alcalde de Cangas

Este luns, proposta pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas, mantíñamos unha reunión co Sr. Alcalde para informarlle das xuntanzas que tuveron lugar en Bruxelas a Delegación de SOS Sanidade Galicia cos grupos parlamentarios de Podemos, Alternativa Galega de Esquerdas e Izquierda Unida-Izquierda Plural.

Cabe destacar a boa acollida, por parte de tódolos grupos parlamentarios con representación no Parlamento Europeo, no que respeita á denuncia presentada pola AGDSP perante a Comisión Europea sobre o modelo de Concesión do Hospital Álvaro Cunqueiro, e tamén amosaron moito interese pola reivindicación que a Plataforma de Cangas tivo a oportunidade de presentar sobre o dereito á igualdade das mulleres da Área Sanitaria de Vigo cando se teñen que enfrontar ao cancro de mama. Esta igualdade se atinxe si tódalas mulleres fosen atendidadas na Unidade Multidisciplinar de Patoloxía de Mama que está ubicada no Hospital público Meixoeiro, que cumpre cos requisitos marcados no informe presentado na Comisión de Dereitos da Muller e Igualdade de Oportunidades o 7 de maio de 2003 e aprobado polo Parlamento Europeo, ademáis de ter sobrada capacidade para facelo.

Aproveitamos esta reunión co Sr. Alcalde non só para informar dos pasos dados e a acollida que tivemos, senón que tamén dos pasos que continuamos a dar neste sentido. Seguimos traballando en coordinación cos grupos parlamentarios europeos mencionados, con especial meción a AGE, que formulará unha pregunta parlamentaria, acompañando á petición que a Plataforma fará na Comisión de Peticións de dita institución.


É a nosa maneira de proceder, seguir loitando na defensa da Sanidade Pública e informar á cidadanía e ás institucións locáis dos avances conseguidos, maila que sentimos certa tristura (así o expusemos na reunión deste luns) ao comprobar que o apoio institucional non estivera á altura das circunstancias, sobre todo cando esta expedición galega na defensa dos dereitos, na que se atopaban tres persoas de Cangas, foi sorpredida á súa chegada a Bruxelas por un fatídico, lamentable e inesquecible acontecemento. Nas nosas retinas, sobre todo nas dos membros que o presenciaron en primeira persoa, quedará grabada para sempre o acontecido e esta data: 22 de marzo.

A pesar da tentativa de amedrentamento por parte dos terroristas, a pesar do desliz do noso goberno local, continuamos sen dar NIN UN PASO ATRÁS!

É certo que non é o único desliz do que tivemos que falar nesta reunión, xa que non poidemos deixar de mencionar (crítica constructiva) o esquecimento na coordinación de axuda ás persoas refuxiadas, cando se abre unha nova campaña de recollida. Nos sorprende que non fosemos convocados nin siquera comunicados deste novo evento, sobre todo cando, cabe lembralo, a iniciativa inicial partía desta Plataforma, remitindo unha carta ao Concello dando algunhas ideas que se tiveron inicialmente en conta e, por suposto, póñendonos á súa enteira disposición para o que estimasen oportuno.

Como dicíamos, esta é unha crítica constructiva e desexamos que non só se teña tomado nota senón que, para este tema e para calquera outro no que priman os intereses da grande maioría da cidadanía, sexan persoas que fuxen do terror, sexan persoas que padecen a descriminación sanitaria, queremos seguir avanzando pola “estrada da unidade”. Por iso é que continuamos a nosa reunión para facer valoración de algúns asuntos que afectan directamente a veciños e veciñas de Cangas:

·   Non podemos esquencer o Centro de Saúde de Aldán – O Hío. Lamentablemente a veciñanza destas dúas parroquias, volven a perder outro ano máis ao non atinxir os obxectivos marcados nas sesións plenarias nas que se aprobaron mocións orientadas á esixir á Xunta de Galicia que se incluísen partidas orzamentarias destinadas á construcción do devandito e archi-prometido centro de saúde. Xa coa vista posta no 2017 e reiniciando a esperanza de cara ás vindeiras eleccións, na que non descartamos un cambio de goberno autonómico, ábrese unha nova oportunidade sobre a que non debemos deixar de traballar para que nos vindeiros orzamentos non se lle peche a porta a unha atención sanitaria acorde ao século no que vivimos para as parroquias de O Hío e tamén Aldán, ámbalas dúas con deficiencias de primeiro grado, como xa denunciamos en innumerables ocasións.

·  Tamén debemos traballar á reo e coa expectativa posta na constitución da Área Metropolitana como tal. Xa que aquí debemos abordar moi seriamente o tema de mobilidade, especialmente no que á comunicación con liñas directas e regulares dende o Morrazo ao Álvaro Cunqueiro. Defender a Sanidade Pública, tamén é achegar os seus servizos á cidadanía.

·    Solicitamos o apoio institucional á manifestación que terá lugar o vindeiro 12 de maio en Vigo polo rescate da Sanidade Pública e do que seguiremos informando nos vindeiros días. Convocada pola Xunta de Persoal da Área de Vigo e SOS Sanidade Pública.

·   Para rematar este encontro, anunciamos unha gran manifestación en Cangas para despois do verán, na que queremos que volte á primeira plana da actualidade a construcción do CAR nos terreos da Rúa, tal e como estaba previsto no informe técnico da Consellería de Sanidade do ano 2008. O pronunciamento e apoio por parte do Concello ten que ser claro e rotundo se queremos que a débeda que a Xunta mantén co Morrazo deixe de ser histórica para pasar a formar parte da historia.

Tra-la exposición dos motivos que nos levaron a manter esta reunión, o Sr. Pazos  comezou por recoñecer non ter dado unha resposta axeitada ás circunstancias vividas polos membros da Plataforma en Bruxelas, tanto no que repeita á declaracións institucionáis como no trato persoal.
Como cabía de esperar, comprometíase coa Plataforma a apoiar activamente tanto a manifestación que terá lugar en Vigo o vindeiro 12 de maio como a que queremos organizar en Cangas o vindeiro outono.
Tamén se comprometeu a non tirar a toalla na loita polo Centro de Saúde de O Hío – Aldán e a loitar dende a Área Metropolitana por unha comunicación directa e regular ao hospital de futura referencia para o Morrazo.

Ainda que non estaba previsto, volveu saír a colación a solicitude feita por parte da Plataforma dun espazo no Concello orientado a levar a cabo a nosa actividade e mellorar considerablemente o contacto directo desta entidade cívica coa cidadanía. A disposición do Alcalde neste sentido é total.

Dende a Plataforma queremos agradecer públicamente a predisposición do Alcalde de Cangas en recibirnos e escoitar as nosas críticas e propostas para seguir tentando alcanzar os obxectivos polos que cada día saímos á rúa: Nin un paso atrás na defensa do noso dereito á unha sanidade 100% pública, nin un paso atrás na defensa da igualdade.

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger