2 may 2016

postheadericon Cangas aproba a moción para o rescate da #SanidadePública da Área Sanitaria de Vigo

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas quere agradecer públicamente o apoio á manifestación do vindeiro 12 de maio en Vigo, que se visualizaba coa aprobación da moción que presentábamos por rexistro o pasado 20 de abril e se debatía o pasado venres en Cangas.

Unha moción presentada en tódolos concellos da Área Sanitaria de Vigo. Centrándonos no Morrazo, no Concello de Moaña foi aprobada por unanimidade e, en Cangas, celebramos a súa aprobación coa abstención do Partido Popular.
Unha vez máis, temos que lamentar que o Partido Popular teña dado a nota discordante, en contra do sentir popular. Unha abstención que avala as políticas de xestión levadas a cabo polo goberno autonómico, aprobando non só os recortes e o desmantelamento da sanidade pública, senón que tamén a privatazación encoberta, a través do modelo de xestión “pública-privada”, que afecta directamente ao funcionamento do Hospital Álvaro Cunqueiro e, por ende, á nosa saúde.

Agradecemos que, nesta sesión plenaria, nos permitisen intervir para facer unha valoración da situación actual da Área Sanitaria de Vigo, facendo fincapé na  situación sanitaria do noso pobo.


Esta intervención correu a cargo da nosa portavoz, Carmen Nores, que comenzaba a súa intervención falando do déficit en atención e tecnoloxía que padecía e continúa a padecer, a pesar do Novo Hospital, a Área Sur con respecto á Área Norte de Galicia. O proxecto inicial do Novo Hospital de Vigo tiña como obxectivo rematar coas diferenzas entre cidadáns da mesma comunidade autónoma, o que se traducía nunha boa acollida, tanto por parte da cidadanía como dos profesionais da sanidade pública que se ilusionaban ao entender que non só se rematarían coas longas listas de espera, senón que contaríamos coa máis avanzada tecnoloxía e tódolos servizos para dar unha prestación sanitaria de calidade.

Carmen Nores falaba de ilusión, unha ilusión esnaquizada coa chegada ao goberno do Partido Popular e o cambio de modelo no que se contemplou unha reducción de espazo e de servizos, como xa vimos denunciando dende aquelas datas e tamén vimos de denunciar en Bruxelas diante do Parlamento Europeo, Cabe lembrar, tamén,  a caótica posta en marcha no pasado verán.

Continuaba a súa intervención centrándose no noso pobo e denunciando, unha vez máis (farémolo ata a saciedade) a discriminación e incumprimento de compromisos por parte da Consellería, tanto no que respecta ao Centro de Saúde de O Hío – Aldán, como no que respecta ao Centro de Alta Resolución, un camiño que xa tiña sido emprendido cun acordo plenario no ano 2006.

Finalizaba a súa intervención reclamando ampliación de horarios para os servizos de Rehabilitación e Radioloxía. Ademáis de reclamar o personal necesario no PAC de Cangas para que realmente se convirta nun servizo real de urxencias 24h, co fin de evitar disgustos mayores. Son moitas -demasiadas- as ocasións nas que os falcultativos se ausentan en traslados de pacientes e/ou outras actuacións que requiren o seu desprazamento.


Maila que todo parece moi negro para a noso sistema sanitario e, a pesar das políticas de recorte e desmantelamento levadas a cabo polos gobernos central e autonómico, debemos dicir que tódolos indicadores seguen a valorando a calidade da atención sanitaria pública de Vigo por riba de calquera outro modelo que se tercie. Por iso é que debemos continuar traballando a reo pola defensa da Sanidade Pública, por iso é que debemos rescatar o Hospital Álvaro Cunqueiro das máns privadas, por iso é que voltamos á rúa o 12 de maio, por iso é que volvemos a animar a veciñanza a que participe masivamente como o fixo aquel inesquecible e emocionante 03 de setembro de 2015.

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger