5 may 2016

postheadericon E... seguimos avanzando cara o 12M: Reserva a túa praza!

Baixo o lema “Rescatémolos (H. Xeral, H. Álvaro Cunqueiro) para a Sanidade Pública”, a Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo e SOS Sanidade Pública de Galicia convocan á cidadanía para, novamente, facer historia en Vigo.
É unha re-edición do 03 de setembro de 2015, data na que nos botamos á rúa masivamente ante a falta de organización na posta en marcha do Hospital Álvaro Cunqueiro.

Sete meses despois da data que todos/as temos grabada nas nosas retinas, a poboación e os profesionais continúa a padecer as consecuencias dunha pésima xestión e falta de previsión, a pesar dos cambios tanto na Consellería de Sanidade como nalgunas direccións da Xerencia do EXOXI, propulsados dende a Xunta de Galicia, que apenas supuxeron un lavado de imaxen superficial, sen profundizar no que realmente provoca este cúmulo de despropósitos, que afectan directamente á nosa saúde e ás nosas carteiras, sen ese cambio de rumbo imprescindible para voltar a senda dos servizos públicos.

Como xa tíñamos anunciado en datas anteriores, dende o Morrazo fletaranse cantos autobuses sexan necesarios para que poidamos participar masivamente na manifestación que terá lugar en Vigo o vindeiro 12 de maio de 2016.

A partir do venres, 06 de maio, as Plataformas en Defensa da Sanidade Pública do Morrazo abrimos liñas telefónicas para que as persoas interesadas poidan reservar ás súas prazas.

MOAÑA: 687 87 08 64 - 661 53 86 56
CANGAS: 669 33 03 76 - 636 91 23 59



O prezo da viaxe (ida e volta) é de 3 euros e, como na histórica manifestación do 03 de setembro de 2015, partiremos dende Cangas e Moaña, para novamente defender o noso dereito irrenunciable a unha sanidade pública e de calidade, sen menosprezos nin enganos dende as institucións á poboación da Área Sanitaria do sur de Galicia.

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger