3 may 2016

postheadericon L. Senra: "É vergoñento e indignante que responsábeis sanitarios estean a xogar ca saúde das mulleres"

AGEe trasladou á Comisión Europea a situación de discriminación na atención médica que están a sufrir mulleres da área sanitaria viguesa


Bruxelas, 02 Maio 2016. O cancro de mama é a día de hoxe o máis presente na sociedade europea, chegando a abarcar o 13,8% do total dos casos. Este é tamén o cancro máis frecuente entre as propias mulleres, acadando taxas de até o 30%. Porén, a taxa de mortalidade está no 7.2%, o cal é mostra evidente da importancia da detección precoz e o seu correcto tratamento.

Conscientes destas posibilidades, no ano 2003 o Parlamento Europeo aprobou o Informe sobre o cancro de mama na Unión Europea, que pide especificamente aos Estados  "que toda muller que padeza cancro de mama teña dereito a ser tratada por un equipo multidisciplinar", instándoos a establecer "unha rede global de centros certificados e multidisciplinares de mastoloxía".

Un dos principais motivos polo cal o Parlamento decidiu elaborar este informe foi precisamente porque resultaban inaceptábel as diverxencias existentes de até o 16% na taxa de supervivencia ao cancro de mama en función do Estado onde viviras. "Trece anos despois, atopámonos ca vergoñenta e esperpéntica situación de que, na Galiza, actualmente esta discriminación estase a dar mesmo dentro das pacientes dunha mesma área sanitaria", denunciou a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra.

A través da visita realizada pola plataforma SOS Sanidade Pública o pasado mes de marzo ao Parlamento Europeo soubemos que, dende comezos da década dos '90, 139.00 habitantes da área sanitaria de Vigo foron asignados/as sen consulta previa ao hospital privado Povisa S.A., ficando limitados a unha atención deficitaria en comparación co resto de habitantes que integran esta área.
Esta situación está a conlevar unha gravísima discriminación na atención sanitaria para máis de 73.000 mulleres que, ao estaren asignadas a un hospital privado e menos servizos como é Povisa, non teñen acceso á Unidade Multidisciplinaria implantada no Hospital Universitario de Vigo (Meixoeiro) -seguindo as indicacións establecidas no citado Informe emitido polo PE no ano 2003-, como si teñen as demais mulleres desta área.
"É indignante que  máis de dez anos despois deste informe, haxa unha área sanitaria que sega afondando nesta discriminación cando hai datos que sinalan que, detectados precozmente, os cancros de mama son superados nun 90% dos casos", criticou a eurodeputada galega.
"Debido ao deterioro intencionado dos servizos públicos para acelerar a súa privatización, e á introdución de criterios salvaxemente economicistas no eido da saúde, a situación sanitaria no noso País está dando lugar a situacións realmente aterradoras", lamentou a eurodeputada galega. "Mete medo ver a xestión do Hospital Álvaro Cunqueiro e os 'trapicheos' do seu modelo público-privada; mete medo a restrición de medicamentos como os da Hepatite C simplemente porque a Xunta antes prefire aforrar cartos que mortos e mortas, e agora tomamos consciencia tamén de situacións coma esta: que dependendo de se vives uns kilómetros cara un lado ou cara o outro tes máis ou menos posibilidades de curar un cancro de mama. É vergoñento e indignante que responsábeis sanitarios estean a xogar ca saúde e, neste caso concreto, ca saúde das mulleres"


Pregunta parlamentaria e Comisión de Peticións
Na procura da igualdade real no acceso á atención sanitaria, que neste caso concreto implica que a Unidade Multidisciplinar do Hospital Meixoeiro sexa a Unidade de referencia de todas as mulleres da Área Sanitaria de Vigo -independentemente da localidade na que habiten ou cal sexa o seu hospital de referencia-, en colaboración ca plataforma SOS Sanidade Pública vimos de rexistrar unha pregunta parlamentaria dirixida á Comisión Europea denunciando o incumplimento das recomendacións da UE[4].

Paralelamente, acompañamos á plataforma no proceso de rexistro desta denuncia na Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, realizado o pasado xoves 28 de abril. Asemade, dende AGEe faremos seguimento exhaustivo da evolución desta petición ao longo dos vindeiros meses.


0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger