2 may 2016

postheadericon Seguimos rodando cara o rescate da #SanidadePública

Na mañán do martes, 03 de maio, membros da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas sairán á rúa para informar á cidadanía da necesidade de presión social para rescatar a sanidade pública.

Serán instaladas dúas mesas informativas nas que, ademáis de poñer en coñecimento da veciñanza os motivos que nos levan a saír á rua o vindeiro xoves 12 de maio, para reclamar un hospital 100% público e tódolos servizos que o complementan, tamén informaremos do acto previsto para o próximo día 05 no que, en exclusiva, o noso pobo acollerá a presentación do libro “O Hospital Álvaro Cunqueiro: A grande estafa” que, no momento da redacción deste comunicado, aínda están a ser impresas as súas páxinas.

Animamos a tódalas persoas a que se acheguen ás mesas que estarán instaladas ata ás 14 horas perto do mercado, para informarse e facernos chegar ás súas inquedanzas e/ou suxerencias





0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger