1 abr. 2017

postheadericon NA ASEMBLEA CIDADÁ DEBATIMOS SOBRE O DÉFICIT NA ATENCIÓN PEDIÁTRICA EN CANGAS




ACÓRDASE QUE A PEDIATRA VOLVA A ALDÁN-HÍO E QUE SE REPOÑA A PRAZA DE PEREIRO CANTO ANTES NA ASEMBLEA ‘SOS PEDIATRÍA’

Os colectivos Plataforma pola Sanidade Pública, Asociación Chuchamel en apoio ao aleitamento materno e a Federación de ANPAS A Gameliña encabezaron e impulsaron a asemblea celebrada o martes no Salón de Plenos do Concello.

A asemblea alertou da posibilidade da eliminación da praza de pediatría de Aldán-O Hío e mesmo da non reposición do posto que deixa libre, por agora, Pereiro. Todas concordaron que é obvio que o desprace da pediatra de Aldán para Cangas non só prexudica ás nenas/os de Aldán e O Hío, senón que as de Cangas tamén se miran afectadas, pois temos que ter en conta que os cupos acollen máis pacientes dos que pode abarcar en detrimento da calidade pública e universal á que todas temos dereito, vivamos no rural ou no centro.

Por tanto é fundamental que esta pediatra manteña o seu posto de traballo onde o viña facendo normalmente; e non en Cangas onde ademais de desprazar ás familias de Aldán e O Hío, é un desaxuste para o centro médico de Cangas. Ademais, na mesma loita acordouse a maiores desta prioridade, poñer en manifesto a necesidade urxente de repoñer a praza que falta; pois as nosas crianzas non teñen que sufrir os seus recortes.

Entre outras cousas, a representante da Asociación Chuchamel manifestou que semella que hai crianzas de primeira e de segunda; pois non é xusto que as nosas fillas/os se son de Aldán ou O Hío teñan que desprazarse a Cangas, xa que todas pagamos impostos por igual. 

Ademais, entre outras propostas, deron conta do grave que é non ter un pediatra de urxencias en Cangas as fins de semana; e unha das propostas que poñen sobre a mesa é a de coordinar ás pediatras de Moaña e Cangas para poder non só atender mellor ás crianzas senón tamén co obxectivo de reducir un peso considerable de afluencia no Hospital Álvaro Cunqueiro; onde xa non terían que ir as familias cos gastos e perda de tempo que iso conleva.

Por outro lado, tamén apuntaron que os nenos e nenas deberían ter prioridade absoluta, pois “non é de recibo que agarden unha hora a seren atendidos; mais é evidente que as urxencias deberán ir primeiro”. Ademais reivindican a habilitación dunha sala de espera separada dos adultos, non é normal que crianzas e adultos enfermos compartan espazos co que iso pode supoñer para a saúde.

Chicha Nores reivindicou a figura de Pereiro e o seu bo facer nestes anos como pediatra de Cangas e alertou das poucas prazas MIR en pediatría que están ofertando dende o Ministerio; reivindicando a necesidade de aumentalas, debida conta do grave problema que estamos a ter en Cangas. O representante da corporación municipal, avanzou que contaban co apoio do pleno e que transmitiríalle a información dada na asemblea ó alcalde; coa fin de poder axilizar os prazos o máximo posible.

Quedan á espera de enviar un escrito nas próximas semanas ao xefe de servizo, solicitando todas estas peticións, así como de convocar outra asemblea informativa nun curto espazo de tempo para falar dos avances e próximos pasos a dar. 

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas