12 jul 2017

postheadericon LEVAMOS AO PARLAMENTO AS DEMANDAS SANITARIAS DE CANGAS




En Cangas padecemos como  calquer pobo da nosa Área Sanitaria os recortes, e sufrimos tamén os incumprimentos do Sergas coas  infraestructuras comprometidas, como son a construción do Centro de Alta Resolución para o Morrazo e a construción do Centro de Saúde Aldán –O Hío.

Ante esta situación de déficit sanitario, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas iniciamos nos primeiros meses do ano,  unha campaña de recollida de sinaturas solicitando persoal permanente no SERVIZO DE URXENCIAS DO PAC  DE CANGAS.

Iniciamos a campaña  o martes 17 de xaneiro e a rematamos  o sábado 25 de febreiro. Dende o primeiro día tivemos unha boa acollida, e a  experiencia foi moi  positiva e gratificante. Sorprendentemente os/as  veciñas/as  que se  achegaban ás mesas non deixaban de agradecer que estiveramos na rúa visibilizando este problema.

A pesares do frio e da chuva desa época ,a veciñanza continuou co seu apoio, e o terceiro día de recollida xa contábamos con preto de 3000 sinaturas dos veciños e veciñas de Cangas.


Para a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas o acontecido no noso pobo,  non foi só unha campaña de recollida de sinaturas,  senón  unha mobilización social nunca coñecida ata entón.

Máis dunha treintena de locais comerciais da Asociación Cangas Vella, bares, cafeterías, librerías e persoas voluntarias colaboraron coa Plataforma nesta campaña. Con toda probabilidade,  este movemento social provocou  que o Concello de Cangas, no Pleno do 27 de xaneiro,  acadase un ACORDO  PLENARIO REFRENDADO POR TODA A CORPORACIÓN de apoio ao escrito presentado pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas a favor  dunhas urxencias con persoal permanente.   

 O 7 de marzo, fixemos  entrega das sinaturas recollidas ao  goberno local e partidos políticos de Cangas. De contino,  constituíuse unha Comisión de traballo entre o goberno local (comandado polo Sr. alcalde) e os grupos da oposición, co obxecto de consensuar e xestionar tódalas accións a emprender, sempre  encamiñadas a logar unha reunión co Sr. Conselleiro de Sanidade,  Dº Xesús Vázquez Almuiña.

Nesa Comisión de traballo acordamos levar as sinaturas ao Rexistro da Xunta de Galicia en Vigo o 6 de abril, este acto tivo moita repercusión nos medios de comunicación, e estivemos acompañados tamén, por un grupo de veciños e veciñas.

O Venres 2 de xuño, centenares de veciños/as, e diferentes colectivos  respaldaron a convocatoria da Plataforma demandando mellores  servizos sanitarios para Cangas e unha solución aos problemas que estamos a padecer:

PERSOAL PERMANENTE NAS URXENCIAS  DO PAC DE CANGAS

RESTABLECER A PEDIATRÍA NO CONSULTORIO DE ALDÁN

REFORZO DA TERCEIRA AMBULANCIA PARA O MORRAZO

A CONSTRUCIÓN DO CENTRO DE SAÚDE ALDÁN – O HÍO

A CONSTRUCIÓN DO CENTRO DE ALTA RESOLUCIÓN PARA O MORRAZO


0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger