22 oct 2014
Charla - Coloquio sobre a libre elección de hospital
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública convoca a veciñanza de Cangas mañán xoves, 23 de outubro de 2014, ás 19:30 horas, no Salón de Plenos do Concello de Cangas, a unha charla-coloquio sobre o novo acordo entre o SERGAS e POVISA (asinado a principios de setembro) e a libre elección de hospital por medio da Instrucción SERGAS 7/2014, na que podemos optar a elexir como hospital de referencia o CHUVI.
Nesta charla-coloquio, ademáis de membros da Platarforma en Defensa da
Sanidade Pública de Cangas, INTERVIRÁN:
Manuel
Martín García
Portavoz de SOS Sanidade
Pública
Membro
de SOS Sanidade Público
Médico
otorrinolaringólogo do CHUVI
María
Luisa Lores
Membro de SOS Sanidade Pública
Médica Radióloga do Hospital
Montecelo
A absoluta falta de garantías
democráticas do proceso aberto ata o 30 de novembro para solicitar a
adscrición ao hospital de referencia no CHUVI; pola falta de información aos usuarios e pola ocultación do contido
do Concerto aos axentes sociais fan de esta unha oferta trampa de "libre
elección".
Esta falta de información
vulnera a Lei de Contratos do Estado e os dereitos da población, que debe
decidir a súa adscripción ao centro ou elexir a sanidade pública sen coñecer as
condicións da oferta do mesmo e á que se chantaxea coa ameaza de perder o seu
posto nas listas de espera si opta polo CHUVI. A chantaxe tamén se extende aos
traballadores de POVISA, aos que se ameazou durante a negociación co despido,
en caso de non chegar a un acordo.
O desequilibrio entre unha política de "austeridade" que
limita e recorta os medios que garantan a calidade da atención sanitaria fronte
a “xenerosidadade” do negocio de 75 millóns de euros anuais, pagando 540 euros
por cartilla, fagan ou non uso dos servizos de POVISA.
Este concerto, ademáis de custoso,
supón perpetuar a discriminación da poboación adscrita que, ademáis de menos
recursos por habitante (16% menos camas/habitante y 20% menos médicos/
habitante, 30% menos médicos/ cama y 28% menos persoal/ cama), non oferta
servizos como psiquiatría, ciruxía torácica, tuberculose e outras patoloxías
respiratorias. Ademáis, a sua lista de espera duplica e en ocasións tripica ás
do resto do área (a espera media quirúxica oscila entre os 150 e 350 días).
Ao parecer (o acordo non se
fixo público, por tanto non podemos confirmar esta filtración), este concerto
incorpora unha cláusula que vulnera a Ley de Garantías Sanitarias aprobada
recentemente pola Xunta de Galicia, que fixa en 60 días o máximo de espera
quirúrxica e permite a POVISA unha espera tres veces maior (175 días),
atentando á equidade e a racionalidade.
É inaceptable que para renovar
o concerto con POVISA e manter as 400 camas, se teña recortado sustanciamente o
proxecto inicial do Novo Hospital de Vigo, que estaba destinado a integrar
todos os recursos hospitalarios do área nunha única estructura organizativa e
funcional, privándoo do seu carácter estratéxico e de ser o centro de
referencia avanzada en diferentes especialidades.
Desde a Plataforma, esiximos,
que se fagan públicas as condicións do concerto con POVISA de maneira
inmediata, porque a poboación ten dereito a estar informada antes de decidir
sobre a súa asistencia sanitaria, porque o seu custo ameaza a sostenibilidadade
da sanidade pública da área e porque temémonos que vulnere a legalidade.
Etiquetas:
carteira de servizos,
comunicados,
libre eleccion,
novo hospital,
privatizacion,
sistema publico de saude,
sos sanidade publica
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
100% público
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
0 comentarios: