postheadericon Quen somos

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas creouse o 9 de xullo de 2.010 por iniciativa dun grupo de persoas e colectivos especialmente preocupados tanto polas ameazas privatizadoras á sanidade pública como polo desexo, compartido por moitos veciños e veciñas do noso concello, de non ser discriminados no acceso aos mesmos servizos públicos que o resto da poboación da nosa mesma área sanitaria.
Desde entón ven asumindo o traballo organizativo e social unha Comisión Xestora formada por sete persoas que dan contas periodicamente do seu labor a unha asemblea xeral.


A día de hoxe as asociacións e colectivos adheridos á Plataforma son os seguintes:

"Cangas Vella": Asociación de Comerciantes e Hosteleiros/as do Casco Vello de Cangas
FECIMO: Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo
Club de Remo Vila de Cangas
Alondras C.F.
Asociación Cultural “A Cepa”
Asociación Cultural “O Cacarexo”
Asociación de Amas de Casa
Asociación de Diagnosticad@s de Cancro de Mama (ADICAM)
Asociación de Disminuídos do Morrazo (ADM)
Asociación de Familiares Enfermos de Alzheimer do Morrazo (AFAMO)
Asociación de Mulleres da Escola Vella de O Hío
Asociación de Mulleres Progresistas de Darbo
Asociación de Pais e Nais de Nenos Discapacitados do Morrazo (ASPANSIM)
Asociación de Veciños “Area Brava” de Vilanova
Asociación de Veciños “Daravelo” de Darbo
Asociación de Veciños “O Portelo” de Liméns
Asociación de Veciños “Río Bouzós” de Coiro
Asociación de Veciños de Liméns-Praia
Asociación de Veciños de O Forte
Asociación de Veciños de Pinténs
Asociación de Veciños de San Blas
Asociación de Xubilados e Pensionistas “Santiago Apóstol”
Asociación Geriátrica Asistencial “Virgen del Carmen”
Casa-Museo Caamaño Xestido - "A Mangallona" A.C.
Comunidade de Montes de Coiro
Comunidade de Montes de Darbo
Comunidade de Montes de O Hío

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas