12 nov 2015

postheadericon No Morrazo, nin un paso atrás na defensa da sanidade pública

Na reunión mantida esta tarde en Moaña, as plataformas da Sanidade Pública de Cangas e Moaña e a Voz do Paciente de Bueu veñen de acordar un manifesto no que queda reflexada a unidade dos tres Concellos na defensa dun dos pilares básicos do noso "maltratado" estado de benestar.

Animamos ás institucións públicas locáis e comarcáis, así como a tódalas entidades cívicas do Morrazo, partidos políticos e sindicatos á súa adhesión.



MANIFESTO

O pasado ano a veciñanza do Morrazo, xunto cos municipios de Baiona, Nigrán, Gondomar e parte da poboación de Vigo asignada ao hospital privado Povisa S.A, deron un paso histórico. Un total de 5.000 usuarios/as, voluntariamente, optaron polo cambio á  Sanidade Pública. Foi un importante número de usuarios/as -sendo máis de 3.000 do Morrazo- que nin o escurantismo do Concerto nin as penalizacións  coactivas por parte da Adminisración (pérdida das lista de espera tanto para probas e consultas de especialistas como para operacións quirúrxicas) amendrentraron aos usuarios/as que, por primeira vez despois de algo máis de 25 anos, poidemos elexir libremente a sanidade que queremos recibir.

As Plataformas en Defensa da Sanidade Pública de Cangas e de Moaña, sabedores de que a Instrución 7/ 2014 da Xerencia do Servizo  Galego de Saúde do 1 de setembro, establece que o período anual de elección sería entre o 1 e o 30 de novembro de cada ano de vixencia do Concerto firmado entre o Sergas e o hospital privado Povisa S.A o pasado 1 de setembro, nos diriximos por carta ao señor Xerente  do EOXI de Vigo para expoñer o noso rexeitamento a estas medidas penalizadoras que sufrimos o pasado ano, coa finalide de que non volvan a repetirse na actulidade, posto que, ao noso entender, non responden a ningún plantexamento médico que se coñeza e, sobre todo, a ningunha medida baseada nin eficacia nin na rentabilidade. Lamentablemente, esta petición a día de hoxe non  foi atendida pola Xerencia, obtendo un sepulcral silencio por resposta.

Neste ano, Povisa, S.A., ao non ter superado o duro golpe que supuso que máis de 3.000 usuarios/as da comarca decidiran voluntariamente pasarse á sanidade pública, está a levar a cabo unha brutal campaña de marketing tanto en medios de comunicación, redes sociais,  distribución de propaganda  como “porta a porta” polos domicilios dos/as usuarios/as ou nas propias instalacións de dita empresa, para recoller o maior número de solicitudes posible.
Dende o Morrazo, consideramos que este é un derroche de recursos materiais e humanos sen precedentes. Non recordamos unha campaña  mediática e económica tan brutal, como a que estamos presenciando na Area Sanitaria de Vigo e sospeitamos que o seu obxetivo non é outro que puramente  mercantil para recuperar as 5.000 cartillas que perdeu o pasado ano. Non podemos cuantificar exactamente o desembolso ecónomico co que pretenden financiar esta campaña de acoso, mais desconfiamos que sexa un importe semellante ao que deixou de ingresar polos/as 5.000 usuarios/as que deron o salto á sanidade pública.

Tamén reclamamos á Xunta de Galicia unha liña de comunicación axeitada ás necesidades do Morrazo. Mantemos a nosa proposta inicial da apertura dunha liña directa dende Cangas ao Hospital Álvaro Cunqueiro así como unha mellora na sinalización por estrada.

A Voz do Paciente de Bueu solicita á Xunta de Galicia que a atención sanitaria de alto nivel sexa prestada na Área Sanitaria de Vigo, tendo como Hospital de referencia o Álvaro Cunqueiro para todas aquelas especialides nas que, na actualidade, están sendo derivadas á Área Sanitaria de Santiago.

As Plataformas de Cangas e Moaña e a Voz do Paciente de Bueu pedimos á veciñanza do Morrazo que non dea nin un paso atrás na defensa da Sanidade Pública. A presión dos profesionais sanitarios e a cidadanía tórnase imprescindible para revertir a situación na que se encontra o Hospital Álvaro Cunqueiro; queremos que sexa o hospital 100x100 público e de calidade que á cidadanía da Área se merece. Por outra banda, tamén é necesario confluir nunha gran masa social para poder esixirlle á Xunta de Galicia que habilite unha partida presupostaria nos orzamentos do 2016 para dar solución, da única maneira xusta e real, á construcción do Centro de Alta Resolución para o Morrazo.

Solicitamos, tamén, aos nosos responsables políticos municipais que se sumen e fagan un pronunciamento público en contra do acoso mediático que está levando a cabo Povisa, así como un chamamento á cidadania para animar a dar o salto á Sanidade Pública.



No Morrazo, 12 de novembro de 2015


Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Moaña
A Voz do Paciente de Bueu

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger